Fundación Cidade da Cultura

Saltar ao contido
Imaxe da cidade da cultura



Noticias

Cultura e a Academia Galega asinan un convenio para dixitalizar os fondos bibliográficos e documentais desta institución

Os fondos bibliográficos e documentais da Real Academia Galega serán dixitalizados. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, asinaron esta mañá na Coruña un convenio que permitirá realizar unha copia dixital dunha boa parte dos importantes documentos que se conservan na biblioteca e o arquivo desta institución, para poñelos a disposición do público xeral.

Quince das principais empresas galegas participan na nova Fundación Gaiás

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e Juan Manuel Urgoiti, presidente do padroado da nova Fundación Gaiás, presentaron hoxe, xunto aos líderes de 15 empresas galegas, os obxectivos deste novo organismo que xestionará parte do complexo da Cidade da Cultura.



© cidade da cultura de galicia