O Gaiás ábrelle as súas portas aos artistas novos
09maio
2012
Eres novo, queres dar a coñecer o teu proxecto artístico e entrar en contacto con outros axentes do sector? O II Encontro de Artistas Novos é a túa oportunidade.
Do 9 ao 14 de setembro, a Cidade da Cultura volve a convertirse nun espazo de convivencia e intercambio de coñecemento e ideas, no que cen mozos poderán compartir experiencias, coñecer de preto as infraestruturas culturais galegas relacionadas coa arte contemporánea e entrar en contacto con destacada personalidades do sector.
Ler máis
Humor + Música + Gastronomía nos Seráns do TAC
02maio
2012
Humor, música e gastronomía. O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) recupera este orixinal formato para as tardes do Gaiás coa posta en marcha da segunda edición de Os Seráns do TAC, ciclo que busca introducirnos na música contemporánea dun modo festivo e ameno.
Tras o éxito colleitado durante a súa primeira edición, Os Seráns do TAC volve á Cidade da Cultura a través de cinco concertos que estarán introducidos polos mellores monologuistas e aderezados polas últimas tendencias da nosa cociña.
Ler máis
Incunables contemporáneos dun impresor particular
28mar
2012
Unha viaxe de séculos dende a invención da imprenta por Gutenberg ata a edición dixital a través dunha historia única e persoal: a de Francisco Barros Cascalhar, máis coñecido como Chankecham, zapateiro de profesión e escritor de vocación que a partir dunha antiga prensa para a elaboración do viño publicou a súa obra. Este é o fío condutor de “Do it yourself! Os incunables contemporáneos dun impresor particular”, exposición coa que a Cidade da Cultura presenta un legado de valor incalculable que custodia a Biblioteca de Galicia xunto con outros centros como a Biblioteca Vaticana ou as nacionais de España, Francia e Portugal ás que Chankecham enviou os seus exemplares, consciente das pezas únicas que supoñen.
Ler máis