Nexos. Sesións infantís

Por problemas de axenda dos relatores na sesión de adultos, esta última sesión de Nexos trasládase ao 7 de decembro. Desculpen as molestias que este cambio lles poida ocasionar.

As prazas reservadas para o 9 de novembro consérvanse. No caso de se queira renunciar a ela, pode facelo cancelando a reserva a través da web ou chamando ao número 881 979 010.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nexos prestará especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá na relación entre a literatura e os diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo (do feminismo ao humor pasando polo agro ou o deporte), transmitindo a idea de que a través dos libros e da expresión artística podemos entender a realidade, transformala e mellorala.

Dirixida a nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.

  • Ler | Tras unha pequena recepción no hall do Centro de Innovación Cultural, os participantes farán unha pequena aproximación aos libros relacionados coa sesión a través dunha lectura conxunta dunha ou varias das obras, un contacontos ou unha actividade musical.
  • Facer | A diversión tamén está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos participarán de forma activa. Cada sesión será única, con actividades que van desde técnicas de escritura automática e creación de murais a xogos de dramatización coa posibilidade de caracterización de maquillaxe e vestiario, xogos nos que a música e o ritmo sexan protagonistas ou xincanas coas que agudizar os sentidos e resolver enigmas.
  • Falar | Como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas no ámbito familiar.
 
En familia
 
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1
Nexos Infantil. Sesión 1