






Situado na zona norte do monte Gaiás e adxacente ao Museo de Galicia, a súa construción atópase nunha etapa preliminar.
O proxecto arquitectónico, orixinalmente destinado a albergar un Museo da Comunicación así como as novas tecnoloxías nos ámbitos da comunicación e a produción audiovisual, foi modificado para convertelo nun centro de arte contemporáneo para as relacións artísticas entre Latinoamérica e Europa.
Na actualidade, o estado preliminar do proceso construtivo brinda a oportunidade de que, vinculando creatividade e tecnoloxía, se poidan compatibilizar, afondar e ampliar os contidos previstos, sen que iso implique modificacións nas obras.