






Do mesmo xeito que a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, a construción do edificio de Servizos Centrais rematará a finais de 2010 e acollerá os servizos de xestión e loxística da Cidade da Cultura de Galicia.
Cunha superficie de 7.500 m2, o edificio consta de sete andares que albergarán oficinas, unha cafetería para o persoal, dúas salas polivalentes e un salón de usos múltiples, de 500 m2, para a realización de eventos.